Nokia X7 00 -  Verbo do software do teléfono e das actualizacións de aplicacións  

background image

Verbo do software do teléfono e das actualizacións de aplicacións
Coas actualizacións do software do teléfono e as actualizacións das aplicacións, pode

obter novas características e funcións melloradas para o teléfono. A actualización do

software tamén pode mellorar o rendemento do seu teléfono.

Xestión de dispositivos 101

background image

Recoméndase que realice unha copia de seguridade dos seus datos persoais antes

de actualizar o software do teléfono.

Aviso:

Se instala unha actualización de software, non poderá utilizar o dispositivo, nin

sequera para efectuar chamadas de emerxencia, ata completar a instalación e

reiniciar o dispositivo.

O uso dos servizos ou descarga de contido pode causar a transferencia de grandes

cantidades de datos, que poden implicar a aplicación de tarifas de tráfico de datos.

Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de carga suficiente ou conecte o

cargador antes de iniciar a actualización.

Tras a actualización, é posible que as instrucións na guía do usuario xa non estean

actualizadas. Pode encontrar a guía de usuario actualizada en www.nokia.com/

support.