
Indicadores da pantalla
Indicadores xerais
A pantalla táctil e as teclas están bloqueadas.
Establécese unha alarma.
Ten un evento de calendario perdido.
Indicadores de chamada
Alguén intentou chamalo.
Está a usar a segunda liña do teléfono (servizo de rede).
As chamadas entrantes desvíanse a outro número (servizo de rede). Se dispón
de dúas liñas telefónicas, un número indicará a liña activa.
O seu teléfono está listo para efectuar unha chamada da Internet.
Uso básico
25

Indicadores de mensaxería
Ten mensaxes non lidas. Se o indicador se ilumina de xeito intermitente, é
posible que se deba a que a carpeta da caixa de entrada estea chea.
Hai mensaxes á espera de ser enviadas na carpeta da caixa de saída.
Indicadores da rede
O teléfono está conectado a unha rede GSM (servizo de rede).
O teléfono está conectado a unha rede 3G (servizo de rede).
Hai unha conexión de datos GPRS (servizo de rede) aberta. indica que a
conexión está en espera e que se está a abrir ou pechar unha conexión.
Hai unha conexión de datos EGPRS (servizo de rede) aberta. indica que a
conexión está en espera e que se está a establecer unha conexión.
Hai unha conexión de datos 3G (servizo de rede) aberta. indica que a
conexión está en espera e que se está a establecer unha conexión.
Hai unha conexión de datos HSPA (servizo de rede) aberta. indica que a
conexión está en espera e que se está a establecer unha conexión.
Hai unha conexión WLAN dispoñible.
Indicadores de conectividade
O Bluetooth está activo.
indica que o seu teléfono está a enviar datos. Se
o indicador está a pestanexar, o teléfono intentando conectarse con outro
dispositivo.
Hai un cable USB conectado ao teléfono.
O GPS está activo.
O teléfono estase a sincronizar.
Hai uns auriculares e micro conectados ao teléfono.
Hai un kit vehículo conectado ao teléfono.
Hai un cable de saída de televisión compatible conectado ao teléfono.
Hai un DTS compatible conectado ao teléfono.