
Utilizar a súa voz para chamar a un contacto
Mediante a aplicación de comandos de voz pode utilizar a súa voz para realizar
chamadas ou controlar o seu teléfono.
Os comandos de voz non dependen da voz do que fala. O seu teléfono crea comandos
automaticamente.
Nota: A utilización de etiquetas de voz pode resultar difícil en contornos con ruído
ou durante unha emerxencia, polo tanto, non debe confiar unicamente na marcaxe
por voz en todas as circunstancias.
Teléfono
37

Antes de comezar a utilizar ordes por voz, engada un acceso directo á aplicación de
ordes por voz na súa pantalla Inicio.
Cando se usa o marcado por voz, utilízase o altofalante. Manteña o teléfono a pouca
distancia cando diga o comando de voz.
1 Na pantalla Inicio, seleccione
. Se se conectan uns auriculares compatibles
con tecla de auriculares, manteña premida esta tecla.
2 Reproducirase un ton curto e amosarase
Fale agora
. Pronuncie claramente o
nome que desexa gardar para ese contacto.
3 O teléfono reproduce un comando de voz sintetizado para o contacto recoñecido
no idioma seleccionado no teléfono e amosa o nome e o número. Para cancelar
o marcado por voz, seleccione
Abandonar
.
Escoitar un comando de voz para un contacto
1 Seleccione un contacto e
Opcións
>
Detalles marcación voz
.
2 Seleccione un detalle do contacto.
Se se gardan varios números para un mesmo nome, tamén pode pronunciarse
ademais do nome, o tipo de número, como móbil ou fixo.