
Personalizar a pantalla de inicio
Desexa ver as súas paisaxes e fotos de familia favoritas no fondo da pantalla Inicio?
É posible cambiar o fondo e reorganizar os elementos de cada pantalla Inicio por
separado para personalizalas ao seu gusto.
Personalización
31

Cambiar o fondo
Manteña premida un área baleira da pantalla Inicio e, no menú emerxente, seleccione
Cambiar fondo
.
Consello: Descargue máis imaxes de fondo en Bazar de Nokia. Para obter máis
información, consulte a páxina www.nokia.com/support.
Reorganizar os elementos da pantalla Inicio
Manteña premido un elemento e arrástreo a unha posición nova.
Consello: Pode arrastrar e soltar elementos entre diferentes pantallas de inicio.
Engadir unha pantalla Inicio nova
Seleccione
>
Engadir outra pant. Inicio
.