
Engadir un widget á pantalla de inicio
Interésalle saber o tempo ou as noticias de hoxe? É posible engadir miniaplicacións
(widgets) á pantalla Inicio e ver, con só botar unha ollada, a información máis
interesante.
Manteña premida un área baleira da pantalla Inicio e, no menú emerxente, seleccione
Engadir widget
e un widget.
Un widget pode mellorar a aplicación relacionada e tamén cambiar o modo en que
funciona a aplicación.
Consello: Pode descargar máis widgets do Bazar de Nokia.
O uso dos servizos ou descarga de contido pode causar a transferencia de grandes
cantidades de datos, que poden implicar a aplicación de tarifas de tráfico de datos.
32
Personalización

É posible que algúns widgets se conecten á Internet automaticamente. Para minimizar
os custos dos datos, pase o dedo cara a abaixo dende a área de notificación e
desactive os datos móbiles.
Eliminar un widget da pantalla de inicio
Prema prolongadamente un widget e seleccione .