
Copiar música dende o seu ordenador
Dispón de música no seu ordenador que desexe escoitar no seu teléfono? Nokia Ovi
Suite é o xeito máis rápido de copiar música no seu teléfono, e pode usalo para
xestionar e sincronizar a súa colección de música.
1 Utilice un cable de datos USB compatible para conectar o seu teléfono a un
ordenador compatible. Asegúrese de dispoñer dunha tarxeta de memoria
introducida no teléfono.
2 No teléfono, pase o dedo cara a abaixo dende a área de notificación e seleccione
USB
>
Nokia Ovi Suite
.
72
Música e son

3 No ordenador, abra Nokia Ovi Suite. Asegúrese de que ten a versión máis recente
de Nokia Ovi Suite. Para obter máis información, consulte a axuda de Nokia Ovi
Suite.
Descargue a última versión de Nokia Ovi Suite da páxina www.nokia.com/software.
É posible que algúns ficheiros de música estean protexidos pola xestión de dereitos
dixitais (DRM); neste caso, non se poderán reproducir en máis dun teléfono.