
Inserir ou extraer a tarxeta SIM
Importante: Non empregue unha tarxeta SIM mini-UICC, tamén coñecida como
tarxeta micro-SIM, unha tarxeta micro-SIM cun adaptador ou unha tarxeta SIM que
dispoña dun interruptor mini-UICC (consulte a ilustración) neste dispositivo. Unha
tarxeta micro-SIM é máis pequena que a tarxeta SIM estándar. Este dispositivo non
admite o uso de tarxetas micro-SIM e o uso de tarxetas SIM incompatibles pode danar
a tarxeta ou o dispositivo e os datos almacenados na tarxeta.
Non pegue adhesivos na tarxeta SIM.
Inserción da tarxeta SIM
1 Prema para abrir a tapa da rañura da tarxeta SIM.
2 Retire o soporte da tarxeta SIM.
Introdución
11

3 Asegúrese de que a zona de contacto se atope orientada cara arriba e coloque a
tarxeta SIM no soporte.
4 Volva inserir o soporte da tarxeta SIM no teléfono.
Retirada da tarxeta SIM
1 Prema para abrir a tapa da rañura da tarxeta SIM.
2 Retire o soporte da tarxeta SIM.
3 Retire a tarxeta SIM.