
Copiar contactos ou imaxes do seu teléfono anterior
Desexa copiar información importante do seu teléfono Nokia compatible anterior e
comezar a utilizar o seu novo teléfono rapidamente? Utilice a aplicación Cambio de
datos para copiar, por exemplo, contactos, entradas de calendario e imaxes ao seu
novo teléfono de xeito gratuíto.
O seu teléfono antigo debe ser compatible con Bluetooth.
16
Introdución

Seleccione >
Axustes
>
Conectividade
>
Transferencia datos
>
Cambio de
datos
.
1 Seleccione entre as seguintes opcións:
— Permite copiar contido dende outro teléfono.
— Permite copiar contido a outro teléfono.
— Permite sincronizar contido entre dous teléfonos.
2 Seleccione o teléfono ao que desexa conectarse e vincule os teléfonos. Cómpre
que o Bluetooth estea activado en ambos os dous teléfonos.
3 Se o outro teléfono precisa un código, insírao. O código, que pode definir vostede,
debe inserirse en ambos teléfonos. O código nalgúns teléfonos é fixo. Para obter
máis información, consulte a guía do usuario do outro teléfono.
O código só é válido para a conexión actual.
4 Seleccione o contido e
Aceptar
.
Se o seu teléfono anterior de Nokia non ten a aplicación Cambio de datos, o novo
teléfono envíaa nunha mensaxe mediante Bluetooth. Para instalar a aplicación, abra
a mensaxe no seu teléfono antigo e siga as instrucións.
Consello: Pode usar a aplicación Cambio de datos para copiar contido doutros
teléfonos máis tarde.