
Verbo da batería
O dispositivo dispón dunha batería recargable interna e non extraíble certificada
segundo CTIA 1725. Utilice soamente cargadores autorizados por Nokia deseñados
para utilizarse con este dispositivo. Tamén pode utilizar un cable de datos USB
compatible para cargar o dispositivo.
Non intente retirar a batería do dispositivo. Para substituír a batería, leve o dispositivo
ao centro de servizo técnico autorizado máis próximo.
Pode utilizar a carga mediante USB se non dispón dunha toma de corrente. Poden
transferirse datos durante a carga do dispositivo. A eficacia da carga mediante USB
varía de xeito significativo, e é posible que a carga tarde moito tempo en iniciarse e
que o dispositivo tarde moito tempo en comezar a funcionar.
Só conecte o seu dispositivo a produtos que teñan un logotipo USB-IF ou que
completasen o programa de requirimento USB-IF.
Os minoristas autorizados tamén poden ofrecer o servizo de substitución da batería.
Cando o seu dispositivo ten pouca batería, entra no modo de aforro de enerxía. Para
desactivar o modo de aforro de enerxía, manteña premida a tecla de acendido e
seleccione
Desactiv. aforro enerxía
. Cando o modo de aforro de enerxía está activo,
pode que non sexa quen de cambiar os axustes dalgunhas aplicacións.