
Cargar a batera
A batería fornécese parcialmente cargada de fábrica, pero é posible que teña que
recargala para poder acender o seu teléfono por primeira vez.
Se o teléfono indica un nivel de carga baixo, faga o seguinte:
1 Conecte o cargador a unha toma da parede.
14
Introdución

2 Conecte o cargador ao teléfono.
3 Cando o teléfono indique que a batería se atopa completamente cargada,
desconecte o cargador do teléfono e logo da toma da parede.
Non necesita cargar a batería durante un período de tempo determinado e pode
utilizar o dispositivo mentres se está a cargar.
Se a batería está completamente descargada, é posible que teña que esperar varios
minutos para poder efectuar chamadas e para poder visualizar o indicador de carga.
Se a batería non se utilizou dende hai moito tempo, para comezar a carga, é posible
que necesite conectar o cargador, desconectalo e volvelo conectar.
Consello: Tamén pode utilizar un cargador USB compatible para cargar a batería.