
Navegar pola web
Seleccione >
Web
.
Consello: Se non ten un plan de datos de tarifa plana do seu provedor de servizos,
para aforrar custos na súa factura telefónica, pode utilizar unha rede de área local
sen fíos (WLAN) para conectarse á Internet.
Ir a un sitio web
Seleccione a barra de enderezo web, insira o enderezo e seleccione .
Procurar na internet
Seleccione a barra de enderezos web, insira a palabra de busca e seleccione o primeiro
elemento do menú despregable baixo a barra de enderezos web.
Internet
55

Ampliar ou reducir unha imaxe
Coloque dous dedos na pantalla e escorregue os seus dedos xuntándoos ou
separándoos.
Abrir unha nova ventá do navegador
Seleccione > .
Cambiar entre ventás do navegador
1 Seleccione .
2 Pase o dedo cara á esquerda ou cara á dereita e seleccione a ventá que desexe.
A caché é unha localización da memoria utilizada para almacenar datos
temporalmente. Se tentou acceder ou accedeu a información confidencial ou a un
servizo seguro para o que necesitou inserir contrasinais, borre a caché despois de
cada uso.
Baleirar a memoria caché
Seleccione
> >
Privacidade
>
Borrar datos privacidade
>
Caché
.