
Chamadas de emerxencia
Realizar unha chamada de emerxencia
1
Asegúrese de que o dispositivo estea acendido.
2
Comprobe que a intensidade do sinal sexa a axeitada. Tamén é posible que necesite facer o seguinte:
•
Introduza unha tarxeta SIM.
•
Eliminar as restricións das chamadas que activou para o seu dispositivo, como a restrición de chamadas, a
marcación fixa ou os grupos de usuarios pechados.
•
Se a pantalla e o teclado do dispositivo están bloqueados, desbloquéeos.
3
Para borrar a pantalla, prema a tecla Menú tantas veces como sexa necesario.
4
Seleccione
.
5
Introduza o número de emerxencia oficial da localidade na que se atope.
6
Seleccione
.
Información do produto e de seguridade 115

7
Forneza a información necesaria do xeito más preciso posible. Non finalice a chamada ata que reciba permiso para
facelo.
Importante: Active tanto as chamadas a móbiles como as chamadas da Internet, se o seu dispositivo admite chamadas
da Internet. É posible que o dispositivo intente realizar chamadas de emerxencia tanto a través das redes móbiles como do
fornecedor de servizos de chamadas da Internet. Non se pode garantir que a conexión funcione en todas as condicións.
Nunca dependa unicamente dun dispositivo sen fíos para efectuar comunicacións esenciais, como urxencias médicas.