
Verbo de Correo
Seleccione >
Correo
.
Pode transferir automaticamente o correo dende a súa conta de correo existente ao
seu teléfono, e ler, responder e organizar o correo dende calquera lugar. Pode engadir
varias caixas do correo ao teléfono e acceder a elas directamente dende a pantalla
Inicio.
O envío e a recepción de correo dende o seu teléfono pode implicar custos. Para obter
información sobre os posibles custos, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos.
Correo é un servizo de rede e poida que non estea dispoñible en todas as rexións.