
Pechar unha conexión de rede
Se varias aplicacións están a utilizar unha conexión á Internet, pode utilizar a
aplicación Xestor de conexión para pechar algunhas ou todas as conexións de rede.
Seleccione >
Axustes
e
Conectividade
>
Xestor de conexións
.
Na vista de conexións de datos activas, pode ver as conexións de rede abertas.
indica unha conexión de datos móbiles e
indica unha conexión WLAN.
Manteña seleccionada a conexión e, no menú emerxente, seleccione
Desconectar
.
Ver detalles dunha conexión
Manteña seleccionada a conexión e, no menú emerxente, seleccione
Detalles
.
Amosaranse detalles como a cantidade de datos transferidos e a duración da
conexión.
Consello: Na maioría de vistas pode ver que conexións están activas pasando o dedo
cara a abaixo dende a área de notificación.