
Conectar a un kit de vehículo utilizando o modo de SIM remota
Mediante o modo de SIM remota, un kit para vehículo compatible pode utilizar a
tarxeta SIM do seu teléfono.
Seleccione >
Axustes
>
Conectividade
>
Bluetooth
.
Para poder activar o modo da SIM remota, cómpre vincular o teléfono e o accesorio.
Inicie a vinculación dende o accesorio de kit de vehículo.
1 Para activar o Bluetooth, seleccione
Bluetooth
>
Activado
.
2 Para activar o modo de SIM remota no teléfono, seleccione
Modo remoto da
SIM
>
Activado
.
Conectividade
97

3 Active o Bluetooth no accesorio de kit de vehículo.
Cando o modo remoto da SIM está activado, na pantalla de inicio amósase
Modo
remoto da SIM
. A conexión á rede sen fíos fica pechada e non se poden usar servizos
da tarxeta SIM nin funcións que requiran cobertura de rede de telefonía móbil.
Para realizar ou recibir chamadas cando se atope en modo SIM remoto, necesitará
dispoñer dun accesorio compatible, como un kit de automóbil, conectado ao
dispositivo.
O dispositivo só permitirá efectuar chamadas de emerxencia neste modo.
Desactivar o modo de SIM remota
Manteña premida a tecla de acendido
e seleccione
Saír modo SIM remoto
.