
Códigos de acceso
Código PIN ou PIN2
(4-8 díxitos)
Estes protexen a tarxeta SIM dun uso non autorizado ou son
necesarios para acceder a algunhas funcións.
Pode configurar o teléfono para que pregunte polo código PIN
cando o acenda.
Se os códigos non se fornecen coa tarxeta SIM ou
esqueceunos, póñase en contacto co provedor do servizo.
Se introduce o código incorrectamente tres veces seguidas, é
necesario desbloquear o código co código PUK ou PUK2.
Código PUK ou PUK2
(8 díxitos)
Estes requírense para desbloquear o código PIN ou o PIN2.
Se non se fornecen coa tarxeta SIM, póñase en contacto co
seu provedor do servizo.
Número da IMEI
(15 díxitos)
Este número utilízase para identificar teléfonos válidos na
rede. O número tamén se pode utilizar para bloquear, por
exemplo, teléfonos roubados.
Para ver o número IMEI, marque *#06#.
Código de bloqueo
(código de
seguridade)
(mín. 4 díxitos ou
caracteres)
Este código axúdalle a protexer o teléfono contra o uso non
autorizado.
Pode configurar o teléfono para que pregunte polo código de
bloqueo que defina.
Garde o código nun lugar secreto e seguro lonxe do teléfono.
Se esquece o código e o teléfono se bloquea, será necesario
acudir ao servizo técnico. É posible que se apliquen tarifas
adicionais e que se eliminen todos os datos persoais do
teléfono.
Para obter máis información, póñase en contacto cun servizo
de atención ao cliente de Nokia Care ou co distribuidor do
teléfono.
Códigos de acceso 111