
Gravar un vídeo
Ademais de tomar imaxes co seu teléfono, tamén pode capturar momentos especiais
en vídeo.
Manteña premida a tecla da cámara.
1 Para pasar do modo de imaxe ao de vídeo, se é necesario, seleccione
.
2 Para iniciar a gravación, prema a tecla da cámara.
3 Para poñer en pausa a gravación, seleccione . Se fai unha pausa na gravación
e non preme ningunha tecla antes de que transcorran cinco minutos, a gravación
deterase.
Para ampliar ou reducir unha imaxe, utilice as teclas de volume.
4 Para deter a gravación, prema a tecla da cámara. O vídeo gárdase
automaticamente en
Galería
.
62
Cámara

Consello: Pode enviar o seu vídeo nunha mensaxe multimedia. Se quere limitar o
tamaño dos vídeos para o seu envío, antes de gravar seleccione
> >
Calidade de vídeo
>
Compartir calidade
.