
Gardar información de localización nas súas imaxes e vídeos
Se quere saber exactamente onde estaba cando tomou unha foto ou un vídeo
concretos mentres paseaba ou viaxaba, pode axustar o seu teléfono para que grave
automaticamente a localización. Posteriormente, poderá ver as localizacións nun
mapa.
60
Cámara

Seleccione >
Cámara
.
Activar a función de gravación da localización
Seleccione
>
Axustes
>
Gardar info. localización
>
Si
.
É posible que se tarden varios minutos en obter as coordenadas da súa localización.
A dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS poden verse afectadas pola súa posición,
os edificios e os obstáculos naturais ademais de polas condicións meteorolóxicas. Se
comparte un ficheiro que inclúe información de localización, tamén se compartirá a
información de localización, e a súa localización poderá ser vista por terceiras partes
que visualicen o ficheiro. Esta función require servizo de rede.
Indicadores da información de localización:
— A información de localización non está dispoñible. A información de localización
poida que non se garde en imaxes ou vídeos.
— A información de localización está dispoñible. A información de localización
gárdase en imaxes ou vídeos.
A información de localización pode achegarse a unha imaxe ou a un vídeo se a súa
localización se pode determinar a través da rede e do GPS. Se comparte unha imaxe
ou un vídeo que conteña información de localización, esta información poderá estar
visible para outras persoas que visualicen a imaxe ou o vídeo. Pode desactivar o
xeoetiquetado nos axustes da cámara.