
Copiar imaxes ou vídeos entre o teléfono e o ordenador
Capturou fotos ou vídeos gravados co teléfono que desexa ver no ordenador? Ou
quere copiar imaxes ou vídeos dende o teléfono ao ordenador? Utilice un cable de
datos USB compatible para copiar imaxes e vídeos entre o seu teléfono e un
ordenador compatible.
1 Utilice un cable de datos USB compatible para conectar o seu teléfono a un
ordenador compatible.
Se está a copiar entre nunha tarxeta de memoria no teléfono e un ordenador,
asegúrese de que a tarxeta estea inserida.
2 Abra Nokia Ovi Suite no ordenador e siga as instrucións que aparecen na pantalla.
66
As súas imaxes e vídeos