
Copia de seguridade das súas imaxes
Desexa asegurarse de que non perderá ningunha imaxe importante? Faga unha copia
de seguridade das súas imaxes con Nokia Ovi Suite.
1 Utilice un cable de datos USB compatible para conectar o seu teléfono a un
ordenador.
Se está a copiar entre unha tarxeta de memoria no seu teléfono e un ordenador,
asegúrese de que a tarxeta estea inserida.
2 Abra Nokia Ovi Suite no ordenador e siga as instrucións que aparecen na pantalla
sobre a sincronización Galería.